Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Un frasco de Dewar (tamén coñecido como vaso de Dewar, ou aínda botella de Dewar) é un obxecto deseñado para proporcionar un illamento térmico case perfecto. Por exemplo, cando enchido cun líquido quente ou frío, este bote non permitirá que o calor escape facilmente, e o líquido permanecerá quente ou frío respectivamente, por un longo tempo, moito máis que nun recipiente común. O frasco de Dewar foi nomeado en homenaxe ao seu inventor, o físico escocés James Dewar (1842-1923).
O frasco de Dewar xeralmente faise de vidro ou metal, e utiliza o principio de dobre capa, é dicir, sería igual a unha botella menor dentro doutra maior, e estas dúas seladas no mesmo gargalo. No espazo estreito entre elas existe algo próximo ao baleiro, xa que o aire é practicamente todo retirado, pois o baleiro impide a condución e a convección da calor.
A superficie interna do bote externo e a superficie exterior do bote interno teñen un revestimento reflexivo, xeralmente metálico ou similar, para impedir que a calor sexa transmitida a través de radiación. James Dewar usou orixinalmente a prata para esta finalidade. Isto torna-se eficaz xa que a pouca transferencia de calor se produce case enteiramente a través do gargalo e do fondo do bote, sendo este xeralmente revestido de cortiza, que é un material illante.
Na teoría e idealmente falando, un frasco de Dewar podería manter un determinado líquido nunha temperatura calquera para sempre, sen que houbese cambios, pero na práctica isto non ocorre, pois dunha forma ou doutra ocorre algún troco de calor.
Un uso moito común dos frascos de Dewar nos laboratorios é o almacenamento do nitróxeno líquido, neste caso, o escape da calor no interior moi frío do bote é mínimo e resulta nunha ebulición lenta do nitróxeno líquido (unha válvula de escape de presión é fornecida para impedir que a presión destrúa o bote). O illamento excelente deses frascos fai que o nitróxeno dure moito tempo en temperaturas baixísimas, sen a necesidade de equipamento de refrixeración con custos elevados.
As botellas a baleiro, ou popularmente coñecidas como botellas térmicas, usadas para manter o café ou outras bebidas quentes ou frías, son baseadas xeralmente nos principios dos frascos de Dewar, pero como estes frascos de vidro son fráxiles e a súa fabricación require un custo un tanto canto elevado, existen outras versións baseadas en plásticos e metais illantes que son moi populares.
Son tamén coñecidos popularmente por termos.